• As galerías soterradas do complexo defensivo

    Durante as traballos de consolidación e limpeza do castelo, no lienzo de muro entre o baluarte do Couto e a Punta do Diamante, foi descuberta a entrada tapiada dunha das antigas galerías soterradas baixo a fortaleza. Escavadas na rocha, estas tiñán a función de refuxio e almacén de pertrechos e víveres nos asaltos que puidera sufrir a fortaleza. Futuros traballos poderán redescubrir todo este complexo de galerías soterradas e facer un mapa actualizado das mesmas. Resulta de gran interese histórico o plano do enxeñeiro de S.M. Antonio Doffus Vélez Dávila do 3 de decembro de 1705 titulado “Planta del Castillo de Vigo que se llama el Castro, como hade estar…

  • A ermida de Nosa Señora do Castro (século XV)

    Segundo o historiador Juan Miguel González Fernández no seu libro “Inventario Histórico das Ermidas de Vigo e o do Val do Fragoso (séculos XVI-XIX)”, a desaparecida capela de Nosa Señora de O Castro, foi chamada en principio pola súa advocación, Nosa Señora da Asunción. É moi probable que a ermida fose levantada sobre os alicerces do desaparecido castelo de Penço (construído a finais do século XIII e demolido a finais do XV), utilizando incluso pedras da antiga estrutura militar. En 1597 a ermida aparece perfilada no apeo de 1597 da demarcación que rodeaba o monte do Castro. Ao construírse o actual castelo na segunda metade do século XVII a capela…

  • Traballos de inxección de morteiro de cal na fortaleza

    Un dos traballos que se están a realizar é a suxeición dos panos dos muros naquelas zonas máis alombadas ou deformadas mediante a colocación de ancoraxes con bulóns metálicos previa inxección de morteiro de cal para consolidar o interior dos muros. Paso 1: O traballo iníciase vendo o estado interior do muro mediante a inxección de auga para ver o alcance e distribución das principais fisuras e gretas.  Paso 2: Posteriormente colócanse uns anacos de tubo nas fendas e xuntas do muro cunha billa incorporada. Nesa billa engánchase unha mangueira que subministra morteiro a presión ata entullar a fenda. Paso 3: Os puntos de inxección distribúense uniformemente por todo o…

  • As Transformacións na Fortaleza de O Castro

    A fortaleza do monte de O Castro sufriu ao longo da súa Historia múltiples modificacións, moitas delas relacionadas co adecuamento á súa función defensiva mentres mantiña un carácter de estrutura militar, pero moitas outras cando pasou a converterse nun espazo aberto para desfrute da cidadanía. Entre as primeiras modificacións salientables do recinto orixinal, contaríamos por exemplo a sucesión de recintos defensivos concéntricos, até tres, que se lle foron engadindo durante os séculos XVII e XVIII así como a posterior desaparición completa do terceiro recinto para deixar paso ao actual Paseo Rosalía de Castro. Tamén desapareceron unha parte da estrutura amurallada do segundo recinto, para levantar o restaurante “El Castillo”, e…

  • A Fortaleza do Castro no ataque de 1719: a Guerra da Cuádrupla Alianza

    Sen dúbida un dos pasaxes máis esquecidos da historia da nosa cidade e que tivo como principal escenario a fortaleza do monte de O Castro, foi o ataque que sufriu a Vila de Vigo no ano 1719 no marco da chamada Guerra da Cuádrupla Alianza. Este conflicto, que enfrontou a Monarquía Hispánica baixo o reinado de Felipe V contra unha coalición formada por Francia, Gran Bretaña, o Sacro Imperio Xermánico e as Provincias Unidas, tivo lugar entre 1717 e 1720 con motivo das aspiracións dinásticas e territoriais do monarca español sobre Italia, a raíz do matrimonio con Isabel de Farnesio. O 10 de outubro de 1719, a media mañá, e…

  • A Fortaleza na Guerra de Restauración de Portugal

    Vigo careceu de relevancia militar ata o século XVII, converténdose en Praza Militar con motivo da Guerra de Restauración Portuguesa. En 1580 o reino de Portugal foi integrado na Coroa de Castela tras reclamar Felipe II os seus dereitos ao trono portugués. En 1640, con Felipe IV, España ten abertos varias frontes bélicas en Francia e Cataluña, o que aproveitou Portugal para proclamar a súa independencia en Lisboa o 1 de decembro de 1640, conflicto que durou 28 anos. O peso dos enfrontamentos e consecuencias centráronse principalmente na fronteira, sendo o sur da provincia e Vigo unha das afectadas : economicamente ao sufrir levas e o aloxamento e abastecemento do exército…

  • As portas da fortaleza de O Castro

    Na actualidade, tanto o primeiro como o segundo recinto da Fortaleza de O Castro contan con portas e pasos de acceso ao interior do complexo. Comecemos polas dúas portas do segundo recinto. A primeira delas e a que podemos considerar principal é a que atopamos orientada cara ao Sur, na rotonda do Paseo Rosalía de Castro, e famosa entre a cidadanía por estar flanqueda na actualidade por dous canóns. Trátase dunha entrada de corredor con estrutura abovedada que probablemente conectaba o interior do segundo recinto coa saída cara o Reducto de San Felipe. A porta secundaria deste segundo recinto, atopámola non moi lonxe da principal, neste caso cunha orientación Leste…

  • Unha fortaleza con tres recintos defensivos

    A Fortaleza de Santa María do Castro chegou a contar con ata tres recintos amurallados, erixidos en distintos momentos e en resposta as crecentes ameazas bélicas que tiña que afrontar a Vila de Vigo ao longo dos séculos XVII e XVIII. Na actualidade consérvanse os lenzos de muralla dos dous primeiros recintos, mentres que o terceiro e derradeiro en ser erixido, desapareceu para dar orixe ao actual paseo de Rosalía de Castro que circunda a fortaleza. A construción do primeiro recinto da fortaleza de Santa María do Castro iniciouse no ano 1656. A mente trala fortaleza foi o entonces capitán Xeral de Galicia, o italiano Vicente Gonzaga Doria e as…

  • As Orixes das fortificacións no monte de O Castro

    O Monte de O Castro antes chamado Terroso, agocha unha longa Historia de fortificacións desde a Prehistoria recente ata ben entrada a Época Contemporánea, non en van, a súa elevación e posición central no territorio da comarca de Vigo foron de sempre, unha atalaia privilexiada dende a cal controlar todo o que ata estas terras chegaba con boas ou malas intencións, ben fose por vía terrestre como pola importantísima vía marítima que supón o abrigo da Ría de Vigo. Xa na Idade do Ferro, protagonizada no territorio galego por un novo modelo de asentamento sobre o territorio, os castros, as ladeiras do Monte de O Castro, acolleron un dos asentamentos…