Un dos traballos que se están a realizar é a suxeición dos panos dos muros naquelas zonas máis alombadas ou deformadas mediante a colocación de ancoraxes con bulóns metálicos previa inxección de morteiro de cal para consolidar o interior dos muros. Paso 1: O traballo iníciase vendo o estado interior do muro mediante a inxección de auga para ver o alcance e distribución das principais fisuras e gretas. Paso 2: Posteriormente colócanse uns anacos de tubo nas fendas e xuntas do muro cunha billa incorporada. Nesa billa engánchase unha mangueira que subministra morteiro a presión ata entullar a fenda. Paso 3: Os puntos de inxección distribúense uniformemente por todo o…
-
-
Traballos de canteiría na Fortaleza do Castro
-
A fortaleza do Castro. A Historia olvidada de Vigo
Deixámosvos un interesante vídeo sobre a fortaleza realizado polo historiador e escritor Fran Zabaleta (https://franzabaleta.com/). Só unha pequena corrección ao narrrador: o xacemento castrexo é un poboado do século III a.C. e non do VI, sendo abandoado no III d.C., momento no que os seus habitantes comezaron a instalarse na zona do Areal.