A obra da Muralla creará un espazo de encontro con bancadas

O alcalde de Vigo, Abel Caballero  e a presidenta da Deputación e tenente de alcalde Carmela Silva asistiron o pasado 5 de febreiro ao acto simbólico de colocación da primeira pedra das obras que se van a desenvolver en virtude do convenio entre o Concello de Vigo e o  Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana para a recuperación e posta en valor da muralla de O Castro.


As obras teñen varias liñas de actuación: por un lado a recuperación dos tramos deteriorados e da accesibilidade polo Baluarte do Diamante; a creación dun novo espazo de encontro cunhas bancadas ao pé da muralla, que en palabras do técnico do ministerio, Antonio Iglesias, a converterá nun punto singular para a cidadanía; e finalmente a iluminación e tala selectiva de arborado moi próximo á fortaleza, declarada Monumento Histórico-Artístico en 1949 xunto á de San Sebastián.